ADR - Mercadorías perigosas



Vehículos para o transporte de mercadorías perigosas.


Os requisitos para a aprobación dos vehículos aplican ás categorías N e O

Aplican á súa construcción, homologación de tipo, aprobación ADR e ás inspeccións anuais.



Os vehículos ADR poden ser:

Vehículo EX/II para transporte de materias ou obxetos explosivos (clase 1)

Vehículo EX/III para transporte de materias ou obxetos explosivos (clase 1)

Vehículo FL para transporte de líquidos ou gases inflamables en cisternas ou contedores cisterna ou CGEM

Vehículo OX para transporte de peróxidos de hidroxeno estabilizado en cisternas ou contedores cisterna

Vehículo AT para transporte de mercadorías perigosas en cisternas ou contedores cisterna ou CGEM (nin FL nin OX)


Estes vehículos deberanse someter no seu país de matriculación a unha revisión técnica anual para verificar que seguen a responder ás disposicións aplicables do ADR e ás disposicións xeráis de seguridade da regulamentación do seu país (ITV). Esta conformidade certifícase por extensión da validez do certificado de aprobación inicial ou por emisión dun novo.

O "Certificado de aprobación ADR" expídeo a autoridade competente.



As cisternas e os contedores cisterna indicados están suxetos a comprobacións periódicas de estanquidade, presión hidráulica ou examen interior:


COMPROBACIÓNS PERIÓDICAS

As cisternas cada 6 anos e os contedores cisterna cada 5 anos pasarán:

  • exame do estado interior e exterior
  • proba de estanquidade do depósito e dos seus equipos, máis unha verificación do correcto funcionamento de todo o equipo
  • proba de presión hidráulica

As destinadas ao transporte de materias poeirentas ou granuladas poden sustituir a proba de presión hidráulica pola proba de estanquidade cunha presión interna ao menos igual á presión máxima de servizo.


COMPROBACIÓNS INTERMEDIAS

As cisternas cada 3 anos e os contedores cisterna cada 2,5 anos pasarán:

  • proba de estanquidade do depósito e os seus equipos, máis unha verificación do correcto funcionamento de todo o equipo. Someterase a unha presión ao menos igual á presión máxima de servizo. Se as de líquidos fanse con gas, a presión será ao menos igual ao 25 % da presión máxima de servizo e nunca inferior a 0,2 bar.

Nos depósitos divididos en compartimentos, a proba farase por separado en cada compartimento.

Nos depósitos de material plástico reforzado farase, ademáis

  • exame do estado interior do depósito


COMPROBACIÓNS EXCEPCIONAIS

Despóis dunha reparación, modificación ou accidente farase unha comprobación, que pode ser periódica ou intermedia.



Calquera destes controis realizaranse por unha entidade aprobada pola autoridade competente (por unha OCA)



créditos

deseño:
francisco iglesias
www.estcurare.com
programación:
xurxo pereira