ATP - Mercadorías perecedeiras



Actualmente está en vigor o REAL DECRETO 1202/2005, do 10 de outubro, sobre o transporte de mercadorías perecedeiras e os vehículos especiais empregados nestes transportes.


Aplica tamén o REAL DECRETO 237/2000, do 18 de febreiro, polo que se establecen as especificacións técnicas que deben cumprir os vehículos especiais para o transporte terrestre de produtos alimentarios a temperatura regulada e os procedementos para o control da conformidade coas especificacións.

Establece como regulamentación básica para a construción, control e ensaio de vehículos, o anexo 1 do Acordo que en cada momento esté en vigor:

RESOLUCIÓN do 24 de outono de 2007, da Secretaría Xeral Técnica, relativa ao "Acordo sobre transportes internacionáis de Mercadorías Peredecedeiras e sobre vehículos especiais empregados nestes transportes" (ATP) , e os seus Anexos


Características dos vehículos:

Vehículo Isotermo: Vehículo cuxa caixa está construída con paredes illantes, con inclusión de portas, piso e teito, que permiten limitar os intercambios de calor entre o interior e o exterior da caixa, cun coeficiente global de transmisión térmica (coeficiente K)

IN - Vehículo Isotermo Normal: K igual ou inferior a 0,70 W/m2·K

IR - Vehículo Isotermo Reforzado: K igual ou inferior a 0,40 W/m2·K, e paredes que teñan ao menos 45 mm de grosor cando se trate de vehículos de transporte dunha anchura superior a 2,50 m


Vehículo Refrixerante: Vehículo isotermo que, coa axuda dunha fonte de frío (xeo hídrico, con ou sen adición de sal; placas eutécticas; xeo carbónico, con ou sen regulación de sublimación; gases licuados, con ou sen regulación de evaporación, etc.), distinta de un equipo mecánico ou de «absorción», permite baixar a temperatura no interior da caixa valeira e mantela despois, cunha temperatura exterior media de + 30ºC,

RNA - Refrixerante Normal de clase A: a +7 ºC

RRA - Refrixerante Reforzado de clase A: a +7 ºC

RRB - Refrixerante Reforzado de clase B: a -10 ºC, con K igual ou inferior a 0,40 W/m2·K

RRC - Refrixerante Reforzado de clase C: a -20 ºC, con K igual ou inferior a 0,40 W/m2·K

RND - Refrixerante Normal de clase D: a 0 ºC

RRD - Refrixerante Reforzado de clase D: a 0 ºC


Vehículo Frigorífico: Vehículo isotermo provisto dun dispositivo de produción de frío individual ou colectivo para varios vehículos de transporte (grupo mecánico de compresión, máquina de «absorción», etc.) que, a unha temperatura exterior media de +30 ºC, permite baixar a temperatura no interior da caixa valeira e mantela despois de maneira permanente da forma seguinte:

FNA - Frigorífico Normal de clase A: traballa entre +12 ºC e 0 ºC, ambolos dous incluídos

FRA - Frigorífico Reforzado de clase A: traballa entre +12 ºC e 0 ºC, ambolos dous incluídos

FRB - Frigorífico Reforzado de clase B: traballa entre +12 ºC e -10 ºC, ambolos dous incluídos, con K igual ou inferior a 0,40 W/m2·K

FRC - Frigorífico Reforzado de clase C: traballa entre +12 ºC e -20 ºC, ambolos dous incluídos, con K igual ou inferior a 0,40 W/m2·K

FND - Frigorífico Normal de clase D: traballa a un valor fixo inferior a 0 ºC

FRD - Frigorífico Reforzado de clase D: traballa a un valor fixo inferior a 0 ºC

FRE - Frigorífico Reforzado de clase E: traballa a un valor fixo inferior a -10 ºC, con K igual ou inferior a 0,40 W/m2·K

FRF - Frigorífico Reforzado de clase F: traballa a un valor fixo inferior a -20 ºC, con K igual ou inferior a 0,40 W/m2·K


Vehículo Calorífico: Vehículo isotermo provisto dun dispositivo de produción de calor que permite eleva-la temperatura no interior da caixa valeira e mantela despois durante doce horas ao menos sen repostaxe, a un valor practicamente constante e non inferior a +12 ºC, sendo a temperatura media exterior da caixa a indicada de seguido para as dúas clases

CNA - Calorífico Normal de clase A: para unha temperatura media exterior de -10 ºC

CRA - Calorífico Reforzado de clase A: para unha temperatura media exterior de -10 ºC

CRB - Calorífico Reforzado de clase B: para unha temperatura media exterior de -20 ºC, con K igual ou inferior a 0,40 W/m2·K


Se o vehículo está dotado de dispositivos térmicos móbiles ou non autónomos, e si existen condicions especiais para a utilización do dispositivo térmico, a marca de identificación completarase coa letra X nos casos seguintes:

Para equipos Refrixerantes:

Cando as placas eutécticas deban colocarse noutra cámara para a súa conxelación.

Para equipos Frigoríficos:

Cando o compresor esté alimentado polo motor do vehículo;

Cando o proprio grupo frigorífico ou unha parte del sexa móvil, o que impediría o seu funcionamento.



INSPECCIÓNS:



créditos

deseño:
francisco iglesias
www.estcurare.com
programación:
xurxo pereira