RAT - Alta tensión


Publicouse o Real Decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas Instruccións Técnicas Complementarias ITC RAT 01 a 23.


Entrará en vigor o 9 de novembro de 2014, seis meses despois da súa publicación no BOE (9 de xuño de 2014)


As instalacións clasifícanse do seguinte xeito:

De categoría especial as de tensión nominal igual ou superior a 220 kV e as de tensión inferior que formen parte da rede de transporte segundo a Lei 24/2013do sector eléctrico

De primeira categoría as de tensión nominal inferior a 220 kV e superior a 66 kV

De segunda categoría as de tensión igual ou inferior a 66 kV e superior a 30 kV

De terceira categoría as de tensión igual ou inferior a 30 kV e superior a 1 kV



O Capítulo II refírese ás disposicións aplicables a instalacións propriedade das entidades de producción, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

O Capítulo III refírese ás disposicións aplicables a instalacións que non sexan propriedade das entidades de producción, transporte e distribución de enerxía eléctrica.



As Instruccións Técnicas Complementarias deste Real Decreto son as seguintes:

  • ITC MIE RAT 01 Terminoloxía
  • ITC MIE RAT 02 Normas e especificacións técnicas de obrigado cumprimento
  • ITC MIE RAT 03 Declaración de conformidade para os equipos e aparellos poara instalacións de alta tensión
  • ITC MIE RAT 04 Tensions nominais
  • ITC MIE RAT 05 Circuitos eléctricos
  • ITC MIE RAT 06 Aparatos de maniobra de circuitos
  • ITC MIE RAT 07 Transformadores e Autotransformadores de potencia
  • ITC MIE RAT 08 Transformadores de medida e protección
  • ITC MIE RAT 09 Proteccións
  • ITC MIE RAT 10 Cadros e pupitres de control
  • ITC MIE RAT 11 Instalacións de acumuladores
  • ITC MIE RAT 12 Illamento
  • ITC MIE RAT 13 Instalacións de posta a terra
  • ITC MIE RAT 14 Instalacións eléctricas de interior
  • ITC MIE RAT 15 Instalacións eléctricas de exterior
  • ITC MIE RAT 16 Conxuntos prefabricados de aparamenta baixo envolvente metálica ata 52 kV
  • ITC MIE RAT 17 Conxuntos prefabricados de aparamenta baixo envolvente illante ata 52 kV
  • ITC MIE RAT 18 Aparamenta baixo envolvente metálica con illamento gasoso de tensión asignada igual ou superior a 72,5 kV
  • ITC MIE RAT 19 Instalacións privadas para conectar a redes de distribución e transporte de enerxía eléctrica
  • ITC MIE RAT 20 Anteproxetos e proxetos
  • ITC MIE RAT 21 Instaladores e empresas instaladoras para instalacións de alta tensión
  • ITC MIE RAT 22 Documentación e posta en servizo das instalacións de alta tensión
  • ITC MIE RAT 23 Verificacións e Inspeccións



Actualmente, e ata o 9 de novembro de 2014, ainda está en vigor o Real Decreto 3275/1982, de 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas e centros de transformación.

Este Real Decreto contempla, entre outras, as seguintes disposicións

no artigo 3, a clasificación das instalacións:

As instalacións clasifícanse do seguinte xeito:

De primeira categoría as de tensión nominal superior a 66 kV

De segunda categoría as de tensión igual ou inferior a 66 kV e superior a 30 kV

De terceira categoría as de tensión igual ou inferior a 30 kV e superior a 1 kV

no artigo 12, o mantemento das instalacións

no artigo 13, as inspeccións periódicas das instalacións


A Orde do 6 de xuño de 1984 aproba 20 Instruccións Técnicas Complementarias, das que algunhas sufriron modificacións co tempo:

  • ITC MIE RAT 01 Terminoloxía
    • A Orde do 23 de xuño de 1988, a actualiza
    • A Orde do 10 de marzo de 2000 a modifica
  • ITC MIE RAT 02 Normas de obrigado cumprimento
    • A Orde do 23 de xuño de 1988, a actualiza
    • A Orde do 16 de maio de 1994, a actualiza
    • A Orde do 15 de decembro de 1995, a actualiza
    • A Orde do 10 de marzo de 2000, a modifica
  • ITC MIE RAT 03 Homologación de materiais e aparatos para instalacións de alta tensión
  • ITC MIE RAT 04 Tensions nominais
  • ITC MIE RAT 05 Circuitos eléctricos
  • ITC MIE RAT 06 Aparatos de maniobra de circuitos
    • A Orde do 16 de marzo de 1991 a modifica
    • A Orde do 10 de marzo de 2000 a modifica
  • ITC MIE RAT 07 Transformadores e Autotransformadores de potencia
    • A Orde do 23 de xuño de 1988 a actualiza
  • ITC MIE RAT 08 Transformadores de medida e protección
  • ITC MIE RAT 09 Proteccións
    • A Orde do 23 de xuño de 1988 a actualiza
  • ITC MIE RAT 10 Cadros e pupitres de control
  • ITC MIE RAT 11 Instalacións de acumuladores
  • ITC MIE RAT 12 Illamento
  • ITC MIE RAT 13 Instalacións de posta a terra
    • A Orde do 27 de novembro de 1987 a actualiza
  • ITC MIE RAT 14 Instalacións eléctricas de interior
    • A Orde do 27 de novembro de 1987 a actualiza
    • A Orde do 10 de marzo de 2000 a modifica
  • ITC MIE RAT 15 Instalacións eléctricas de exterior
    • A Orde do 23 de xuño de 1988 a actualiza
    • A Orde do 10 de marzo de 2000 a modifica
  • ITC MIE RAT 16 Instalacións baixo envolvente metálica ata 75,5 kV; conxuntos prefabricados
    • A Orde do 23 de xuño de 1988 a actualiza
    • A Orde do 10 de marzo de 2000 a modifica
  • ITC MIE RAT 17 Instalacións baixo envolvente illante ata 36 kV; conxuntos prefabricados
    • A Orde do 23 de xuño de 1988 a actualiza
    • A Orde do 10 de marzo de 2000 a modifica
  • ITC MIE RAT 18 Instalacións baixo envolvente metálica ata 75,5 kV ou superiores, illadas con hexafluoruro de azufre (SF6)
    • A Orde do 23 de xuño de 1988 a actualiza
    • A Orde do 10 de marzo de 2000 a modifica
  • ITC MIE RAT 19 Instalacións privadas conectadas a redes de servizo público
    • A Orde do 10 de marzo de 2000 a modifica
  • ITC MIE RAT 20 Anteproxetos e proxetos
    • A Orde do 6 de xullo de 1984 a complementa





créditos

deseño:
francisco iglesias
www.estcurare.com
programación:
xurxo pereira