RCI - Contra incendios



Na actualidade coexisten duas regulamentacións contra incendios, un para vivendas e o outro para establecementos industriais.


Está en estudio o Proxecto de "Real Decreto ... polo que se aproba o REGULAMENTO DE INSTALACIÓNS DE PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS", do que se están a solicitar comentarios aos profesionais ao través dos seus colexios.


Para vivendas

Real Decreto 314/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación (CTE)

Este Código Técnico, está dividido en Documentos Básicos. A parte relativa aos incendios e o Documento Básico DB SI seguridade en caso de incendio

O Real Decreto 314/2006 derroga ao Real Decreto 2177/1996, do 4 de outubro, polo que se aproba a Norma Básica de Edificación NBE-CPI-96: Condicións de protección contra incendios nos edificios

E o Real decreto 2177/1996 derrogaba ao Real Decreto 279/1991, do 1 de marzo, polo que se aproba a Norma Básica de Edificación NBE-CPI-91: Condicións de protección contra incendios nos edificios



Para industrias

Real Decreto 2267/2004, do 3 de decembro, polo que se aproba o regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais

Anteriormente a este Real Decreto existiu o Real Decreto 786/2001, do 6 de xullo, polo que se aprobaba o regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais, que foi anulado por sentenza do 27 de outono de 2003, da sala terceira do tribunal supremo





créditos

deseño:
francisco iglesias
www.estcurare.com
programación:
xurxo pereira