SEVESO - Accidentes Graves



Na actualidade e de aplicación a Directiva 2012/18/UE relativa ao control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas (SEVESO III)

Derrogou a Directiva 96/82/CE o 1 de xuño de 2015.

Foi trasposta á lexislación española polo Real Decreto 840/2015, do 21 de septembro, polo que aprobanse medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas

Aplicarase aos "establecementos".

Define dous tipos de establecemento:

Establecemento de nivel inferior: establecemento no que están presentes substancias perigosas en cantidades iguais ou superiores ás especificadas na columna 2 da parte 1 ou na columna 2 da parte 2 do anexo I, pero inferiores ás cantidades especificadas na columna 3 da parte 1 ou na columna 3 da parte 2 do anexo I, empregando, cando sexa aplicable, a regra da suma da nota 4 do anexo I

Establecemento de nivel superior: establecemento no que están presentes substancias perigosas en cantidades iguais ou superiores ás especificadas na columna 3 da parte 1 ou na columna 3 da parte 2 do anexo I, empregando, cando sexa aplicable, a regra da suma da nota 4 do anexo I

Parte 1 do anexo I (tabla)

Parte 2 do anexo I (tabla)


Na Comunidade Autónoma de Galicia está vixente, e aplica, o

Decreto 277/2000, do 9 de novembro, polo que se designan os órganos autonómicos competentes en materia de control de riscos inherentes ós accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas




Polo tanto, xa está derrogada a Directiva 96/82/CE relativa ao control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas (SEVESO II),

Derrogou a Directiva 82/501/CEE

Foi trasposta á lexislación española mediante o Real Decreto 1254/1999 do 16 de xullo, polo que aprobanse medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas.

o Real Decreto 119/2005 modificouno , e

o Real Decreto 948/2005 supuxo outra modificación do mesmo


Define como Substancias Perigosas ás substancias, misturas ou preparados enumerados na parte 1 do anexo I ou que cumpran os criterios establecidos na parte 2 do anexo I, e que estén presentes en forma de materia prima, produtos, subprodutos, residuos ou produtos intermedios incluídos aqueles dos que se poida pensar xustificadamente que podrían xerarse en caso dun accidente.

As cantidades que se terán en conta son as máximas presentes, ou que poidan estalo, nun momento dado.


Inspeccións

Os órganos competentes das Comunidades Autónomas establecerán un sistema de inspección e as medidas de control adecuadas a cada tipo de establecemento comprendido no ámbito de aplicación do presente Real Decreto. As inspeccións posibilitarán un exame planificado e sistemático dos equipos técnicos, a organización e os modos de xestión aplicados no establecemento.




Con anterioridade estivo vixente a Directiva 82/501/CEE relativa a os riscos de accidentes graves en determinadas actividades industriais (SEVESO I),

que foi modificada pola Directiva 87/216/CE,

trasposta á lexislacion nacional polo Real Decreto 886/1988, que foi, á súa vez, modificado polo RD 952/1990,

e finalmente derrogada pola Directiva 96/82/CE






créditos

deseño:
francisco iglesias
www.estcurare.com
programación:
xurxo pereira