Marcado CE de portas industriais, comerciais, de garaxe e portóns


As portas xa instaladas e que non teñen documentación nin marcado CE teñen que porse en orde.

Para facelo, temos que distinguir entre

  • portas fabricadas ou instaladas dende 1993 ata o 1 de maio de 2005, e
  • portas fabricadas ou instaladas despois do 1 de maio de 2005.

As portas do primeiro grupo teñen que cumprir a Directiva de Máquinas, a Directiva de material eléctrico e a Directiva de Compatibilidade Electromagnética, e ter os compoñentes e dispositivos de seguridade necesarios. Afecta soamente ás portas motorizadas.

As portas do segundo grupo teñen que cumprir, ademáis do sinalado no primeiro grupo, a Directiva de Produtos da Construción. Afecta ás portas motorizadas e ás manuais.


Para a súa posta en orde, hay que facer, primeiro, un informe de situación en canto á documentación e seguridades.

O seguinte paso e preparar a documentación necesaria, sobre todo a relativa aos ensaios, facer as probas prescritas e instalar as seguridades que lle poidan faltar, seguindo as normas de aplicación.


Sabe vostede en quen recae a responsabilidade en caso de que unha persoa resulte ferida cunha porta industrial ou de garaxe se non ten o marcado CE e as seguridades esixidas?


MXEC GALICIA faille o informe de situación do seu portal ou portalón, prepara a documentación esixida e xestiona a posta en conformidade para que o/os seu/s portais sexan seguros e a probabilidade dun accidente quede reducida a mínima expresión.


Chámenos ao 606 318 686 ou ao 616 299 026.




créditos

deseño:
francisco iglesias
www.estcurare.com
programación:
xurxo pereira